VISITAN A BIBLI OS NENOS E NENAS DA GALIÑA AZUL

O mércores tivemos unha visita especial na biblioteca: os/as pequerrechos/as da Escola Infantil.
Eles/as tamén festexaron este mes do libro con varias actividades e como non podía ser menos viñeron coñecer a nosa biblioteca. Estaban emocionados/as con tanta morea de libros e coa nosa mascota BIBLI que lles agasallou cun conto, un marcapáxinas e unha pegatina.
Marcharon moi contentos/as sabendo que cando empece o novo curso eles/as disfrutarán deste fantástico lugar con moitas historias e aventuras por descubrir.

Esperámosvos o vindeiro curso!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog