DÍA DO LIBRO Obtener enlace Facebook X Pinterest Correo electrónico Otras aplicaciones abril 26, 2010 Quixemos celebrar o DÍA DO LIBRO de forma sinxela pero sin deixalo pasar por alto. A mañá non daba para moito máis pero todos/as tivemos o noso momento na biblioteca.Os/as nenos/as de 5 anos e 1º ciclo, en colaboración coas familias, puidemos escoitar un conto de Pinocho que nos leu a mamá de Davi de 1º ; tamén escoitamos as historias reais que lle aconteceron á avoa de Paula de 5 anos así como lendas da historia do noso pobo contadas polos pais de Lucas e Pablo (de 1º e 2º).Os rapaces e rapazas máis pequenos/as, os de 3 e 4 anos, disfrutamos na biblioteca dun conto especial; o conto de "Lúa, lúa" de Kalandraka. Tivemos a sorte de escoitar o conto cantado polos/as compañeiros/as de 1º acompañados ao teclado por Alicia, a profe de música. Estivemos tan atentos que puidemos cantar todos xuntos esta fermosa historia.No 2º e 3º ciclo vimos un vídeo de como as imaxes tamén poden contar cousiñas ao igual que as palabras. O rematar puxémonos máns a obra e elaboramos as nosas propias historias gráficas. Observade como, cada un de nos, temos unha visión diferente sobre unha mesma mensaxe.O mellor de todo, e para lembrar este día especial para os libros, o agasallo da nosa mascota: un libro e un marcapáxinas para cada neno e nena do cole.UN LIBRO POR LERUNHA VIAXE POR PERCORRER!!! Obtener enlace Facebook X Pinterest Correo electrónico Otras aplicaciones Comentarios
UNIDOS POR MIRÓ junio 12, 2010 QUE ARTISTAS TEMOS NO COLE!!!!! Os nenos de 5º e os de 3 aniños participaron neste proxecto conmemorando o 78 aniversario de Miró, organizado polas súas titoras: Alicia e Ana. Estas profes e nenos son uns auténticos artistas. E non o pensedes máis, quen queira pode visitar a exposición que hai na entrada do colexio para observar e disfrutar coas marabillosas obras destes nenos. Neste video tedes unha mostra do seu traballo. Leer más
Comentarios
Publicar un comentario