VISITA DE SUSANA LAMELA

Tivemos a grandísima sorte de poder falar con SUSANA LAMELA a escritora de "Soños de Andel", o libro que nos deixaron os Reis Magos no Nadal aos nenos e nenas de 2º curso.
Que ben o pasamos!... pois Susana recibiunos cunha chea de libros e contos moi divertidos. Tamén puidemos preguntarlle cousiñas (que só ela sabe) de ANI, a protagonista do seu conto, da bibliotecaria con cara de pingüín e dos demáis libros da biblioteca de LEMOITO...
Que guai! A verdade é que o que máis nos gustou dela foi o seu soriso doce e alegre. Por todo iso e polo ben que nos recibiches
GRAZAS SUSANA!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog