Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

DÍA DA CIENCIA

Imagen
Por fín poidemos levar a cabo a actividade dun día de ciencia na Biblioteca!!!! Durante toda a mañá do xoves 31 de maio fixemos actividades que acercasen ó alumnado á ciencia dun xeito amable e divertido. Para elo dividimos todos os cursos en catro grupos ós que lles demos panos de cores para que poidesen identificar a  qué recanto de actividade tiñan que acudir. Os catro compoñentes do equipo de biblioteca preparamos unha actividade distinta, Pablo encargouse de explicar experimentos científicos na biblioteca, Mari no recanto das matemáticas preparou un traballo  de arquitectura con plastiliña e paliños, Nati no patio cuberto propuso moitas cuestións que tiñan que resolver consultando os libros e os ordenadores; Chiti no salón de actos proxectou vídeos científicos. Durante 50 minutos cada curso tiña que traballar en cada recanto. Fixemos paradas de 10 minutos e media hora de recreo. Pasámolo moi, moi ben e sobre todo aprendimos que a ciencia non só  é moi interesante sinón tamé

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA.

Imagen
Hoxe visitounos Paula Carballeira, os nenos de 3º e 4º leran previamente o seu libro Bruxa e familia.                                                 e atenderon ás historias que ela contoulles.  Prepararon ben as preguntas que tiñan que facerlle, investigando sobre o libro e a autora. Estos son os comentarios dos alumnos tras a experiencia: Cristian: o que mas me gustou do libro foi o lobis home, e de estar con ela cando respondeu ás nosas preguntas. Nicolás: tamén o do lobishome, e poder vela en persoa aquí no cole. Uxía: gustoume todo o libro, e gustoume moito estar con ela porque é moi educada. Noa: gustoume a parte de Prisciliano e encantáronme as historias que contou e poder estar con ela. Daniela gustoume o monstro do tellado e fíxome moita gracia as historias que contou. Brais: gustoume o capítulo da xoaniña, e que ela contara a canción do rei, rei... David: gustoume o capítulo das miñocas e estar con ela porque é moi graciosa. Ero: