Entradas

UXIO NOVONEYRA VISTO POLAS NOSAS FAMILIAS

Imagen
Durante estas semanas traballamos coa figura e obra de Uxío Novoneyra a través das diversas páxinas que algúns coles colgaron e que de verdade son traballos moi dignos e de gran valía. Grazas a todos eles polas aportacións. Dende a nosa biblioteca quixemos rematar este mes de maio, despedindo a Uxío, cunha proposta para as nosas familias. Enviamos unha foto para que, poñendo mans a obra, decorasen ao noso escritor e o puxesen máis guapo. Cos traballos presentados montamos unha exposición ; como podedes ver nas fotos temos grandes artistas en Oia . GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES

OS MONSTROS DE 3 ANOS

Imagen
Os cativos do cole, os da aula de 3 anos, non lle teñen medo a nada porque a partires do conto " ONDE VIVEN OS MONSTROS "que colleron na biblioteca, fixeron un miniproxecto sobre eles. Cada un debuxou a o seu monstro favorito; un ten colmillos, outro é peludo, outro pelado, de cor violeta, outro terrible, con forma de patata... Fixádevos que mural tan monstruoso podedes atopar na clase de 3. !QUE MEDO¡

POEMAS DE UXÍO NOVONEYRA

Open publication - Free publishing - More uxio novoneyra

UNIDADES DIDÁCTICAS PARA TRABALLAR A FIGURA DE UXÍO NOVONEYRA

No CEIP de A Laxe elaboraron estas unidades didácticas para o alumnado de educación infantil e primaria. Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010 View more documents from cenlf .

VISITAN A BIBLI OS NENOS E NENAS DA GALIÑA AZUL

Imagen
O mércores tivemos unha visita especial na biblioteca: os/as pequerrechos/as da Escola Infantil. Eles/as tamén festexaron este mes do libro con varias actividades e como non podía ser menos viñeron coñecer a nosa biblioteca. Estaban emocionados/as con tanta morea de libros e coa nosa mascota BIBLI que lles agasallou cun conto, un marcapáxinas e unha pegatina. Marcharon moi contentos/as sabendo que cando empece o novo curso eles/as disfrutarán deste fantástico lugar con moitas historias e aventuras por descubrir. Esperámosvos o vindeiro curso!!!

ENTREGA DE PREMIOS

Imagen
O xoves 29 entregáronse os premios do concurso do DÍA DO LIBRO. Non era nada fácil pero buscando entre libros e páxinas web estaban todas as respostas ás preguntas plantexadas. As gañadoras recibiron un agasallo polo seu esforzo e ilusión. Foron as seguintes: Alexandra, Marta, María, Lucía e Antía de 5º e Uxía de 3º. Grazas polo voso interese, chicas!!!

DÍA DO LIBRO

Imagen
Quixemos celebrar o DÍA DO LIBRO de forma sinxela pero sin deixalo pasar por alto. A mañá non daba para moito máis pero todos/as tivemos o noso momento na biblioteca. Os/as nenos/as de 5 anos e 1º ciclo, en colaboración coas familias, puidemos escoitar un conto de Pinocho que nos leu a mamá de Davi de 1º ; tamén escoitamos as historias reais que lle aconteceron á avoa de Paula de 5 anos así como lendas da historia do noso pobo contadas polos pais de Lucas e Pablo (de 1º e 2º). Os rapaces e rapazas máis pequenos/as, os de 3 e 4 anos, disfrutamos na biblioteca dun conto especial; o conto de "Lúa, lúa" de Kalandraka. Tivemos a sorte de escoitar o conto cantado polos/as compañeiros/as de 1º acompañados ao teclado por Alicia, a profe de música. Estivemos tan atentos que puidemos cantar todos xuntos esta fermosa historia. No 2º e 3º ciclo vimos un vídeo de como as imaxes tamén poden contar cousiñas ao igual que as palabras. O rematar puxémonos máns a obra e elaboramos as nosas ...