VISITA DE PAULA CARBALLEIRA.

Hoxe visitounos Paula Carballeira, os nenos de 3º e 4º leran previamente o seu libro Bruxa e familia.                                                 e atenderon ás historias que ela contoulles.





 Prepararon ben as preguntas que tiñan que facerlle, investigando sobre o libro e a autora.






Estos son os comentarios dos alumnos tras a experiencia:

Cristian: o que mas me gustou do libro foi o lobis home, e de estar con ela cando respondeu ás nosas preguntas.

Nicolás: tamén o do lobishome, e poder vela en persoa aquí no cole.
Uxía: gustoume todo o libro, e gustoume moito estar con ela porque é moi educada.
Noa: gustoume a parte de Prisciliano e encantáronme as historias que contou e poder estar con ela.
Daniela gustoume o monstro do tellado e fíxome moita gracia as historias que contou.
Brais: gustoume o capítulo da xoaniña, e que ela contara a canción do rei, rei...
David: gustoume o capítulo das miñocas e estar con ela porque é moi graciosa.
Ero: gustáronme moito os nomes dos animais foi moi divertida a visita porque contou que puxera as letras dos nomes do seu apelido e quedaba feo ca ca. (CARBALLEIRA CABANA)
Lucas: gustánme moito os animais entón é normal que me gustara este libro. reímonos moito con ela porque fixo moitas tonterías e gustoume moito.
Xavi: gustoume porque contando a historia era moi graciosa e do libro gustoume moito porque ó final  o lobishome e a súa irmá estaban comendo tarta de chocolate.

Comentarios

Entradas populares de este blog