DÍA DA CIENCIA

Por fín poidemos levar a cabo a actividade dun día de ciencia na Biblioteca!!!!
Durante toda a mañá do xoves 31 de maio fixemos actividades que acercasen ó alumnado á ciencia dun xeito amable e divertido.

Para elo dividimos todos os cursos en catro grupos ós que lles demos panos de cores para que poidesen identificar a  qué recanto de actividade tiñan que acudir. Os catro compoñentes do equipo de biblioteca preparamos unha actividade distinta, Pablo encargouse de explicar experimentos científicos na biblioteca, Mari no recanto das matemáticas preparou un traballo  de arquitectura con plastiliña e paliños, Nati no patio cuberto propuso moitas cuestións que tiñan que resolver consultando os libros e os ordenadores; Chiti no salón de actos proxectou vídeos científicos.

Durante 50 minutos cada curso tiña que traballar en cada recanto. Fixemos paradas de 10 minutos e media hora de recreo.

Pasámolo moi, moi ben e sobre todo aprendimos que a ciencia non só  é moi interesante sinón tamén moi divertida.


clica na seguinte imaxe para ver o vídeo
.

Comentarios

Entradas populares de este blog