Entradas

Chegou a maleta do CEFORE de teatro.

Imagen
Este mes de xaneiro recibimos unha maleta moi especial. Abrímola e atopamos moitísimos libros de teatro para poder ler e representar na nosa biblioteca. Bibli avisounos para que profes alumnado  pasemos un ratiño ollando os libros e a ver se alguén engancha e sorpréndenos cunha representación teatral.

Pide un desexo

Antes do Nadal, puxemos unha caixa grande na entrada da biblioteca acompañada dun libro "PIDE UN DESEO"  Cada neno pasou e libremente escribiu na caixa o seu bo desexo de Nadal. Esa caixa formou parte da decoración do escenario da función de Nadal.

RADIO ARRABAL!!!

Imagen
Este ano comenzamos unha nova actividade de radio. O profe Elías titor de quinto e mestre de música dirixe un marabilloso equipo radiofónico.  Os nosos alumnos están totalmente implicados na búsqueda de novas para comunicar o noso mundo próximo. Deixovos o enlace para que poidades disfrutar tanto coma nós destos pequenos xornalistas radiofónicos. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/561

Os sacapenas

Imagen
Con todos os sacapenas recibidos das diferentes clases fixemos unha recompilación nunha manta de feltro que decora a corcheira da biblioteca. Os medos quedaron nun cuaderniño que incluiremos no andei dos nosos libros.

SAMAÍN A PARTIRES DUN LIBRO DA BIBLIOTECA.

Imagen
Os nenos de quinto curso, empezaron a ler un libro de lectura colectiva "Los calcetines del hombre invisible" Este libro deulles a idea de organizar para o día de celebración do Samaín un museo dos pequenos horrores. Eles elaboraron o guión e buscaron as estratexias para levolo a cabo. Cremos que o resultado además de terrorífico foi espectacular como podedes comprobar.

26 OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

Imagen
Para celebrar o día da biblioteca, Bibli entregou os carnéts ós nenos de 3 anos. Invitounos a empezar a empregar a biblioteca e lemos as normas de uso.  Tamén entregamos os distintivos de axudantes as novas  incorporacións o noso equipo. Durante os días previos aprendimos a facer a entrega e devolución dos libros no MEIGA e tamén a cómo colocar os libros nos andeis.

Preparando o Samaín dende a Biblioteca

Imagen
Convocatoria para Infantil Queridas familias: Bibli  convocános para participar no  certame de Samaín. É unha actividade totalmente voluntaria Os medos forman parte dos pensamentos dos nenos,  queremos espantalos facendo bonecos sacapenas. Os bonecos sacapenas son unhas figuras  pequenas, orixinarias de Guatemala. Si unha persoa (normalmente un neno) non pode durmir debido aos seus problemas, pode contarllos ao boneco e gardalo baixo a almofada antes de deitarse. De acordo ao folklore, o boneco quedarase co  problema en lugar da persoa, permitíndolle durmir tranquilamente. Cando  esperte, farao sen os seus problemas xa que o boneco quedou con eles. Os bonecos miden de 15 a 50 mm., e están fabricados a man a partir dunha base de madeira ou arame, con roupa de algodón,cartón, papeis… aínda que tamén poden estar feitos de barro . No noso caso podemos facelo de calquera material que teñamos a man. ...