Preparando o Samaín dende a Biblioteca

Convocatoria para Infantil

Queridas familias:
Bibli  convocános para participar no  certame de Samaín. É unha actividade totalmente voluntaria
Os medos forman parte dos pensamentos dos nenos,  queremos espantalos facendo bonecos sacapenas.
Os bonecos sacapenas son unhas figuras  pequenas, orixinarias de Guatemala. Si unha persoa (normalmente un neno) non pode durmir debido aos seus problemas, pode contarllos ao boneco e gardalo baixo a almofada antes de deitarse.
De acordo ao folklore, o boneco quedarase co  problema en lugar da persoa, permitíndolle durmir tranquilamente. Cando  esperte, farao sen os seus problemas xa que o boneco quedou con eles.
Os bonecos miden de 15 a 50 mm., e están fabricados a man a partir dunha base de madeira ou arame, con roupa de algodón,cartón, papeis… aínda que tamén poden estar feitos de barro. No noso caso podemos facelo de calquera material que teñamos a man.
                        Os que queirades participar tedes que facer un sacapenas  e pegalo na camiña.
          Pasade un bo rato facendo bonequiños.
                       ( DATA LÍMITE DE ENTREGA 3 NOVEMBRO)




Convocatoria para primaria


Bibli, convídanos outro ano mais a participar no certame de Samaín.
Este ano imos pelexar contra os medos facendo sacapenas.
Os bonecos sacapenas son unhas figuras  pequenas, orixinarias de Guatemala. Si unha persoa (normalmente un neno) non pode durmir debido aos seus problemas, pode contarllos ao boneco e gardalo baixo a almofada antes de deitarse.
De acordo ao folklore, o boneco quedarase co  problema en lugar da persoa, permitíndolle durmir tranquilamente. Cando  esperte, farao sen os seus problemas xa que o boneco quedou con eles.
Os bonecos miden de 15 a 50 mm., e están fabricados a man a partir dunha base de madeira ou arame, con roupa de algodón ,cartón, papeis… aínda que tamén poden estar feitos de barro. No noso caso podemos facelo de calquera material que teñamos a man
TEDES QUE FABRICAR O VOSO SACAPENAS E ESCRIBIRLLE OS MEDOS OU PREOCUPACIÓNS COAS QUE QUEREDES QUE SE QUEDE.                     
 ( DATA LÍMITE DE ENTREGA 3 NOVEMBRO NA BIBLICAIXA)





Comentarios

Entradas populares de este blog