Entradas

REBUMBIO MATEMÁTICO 2016

Imagen

Bibliinfórmate sobre Xosé Neira Vilas.

Imagen
Hoxe fomos ao auditorio do Rosal a ver a obra de teatro" O espantallo amigo"  de Xosé Neira Vilas. Bibli  propón un novo bibliinfórmate. Xa sabedes que tedes que formar un equipo e contestar ás preguntas que nos fai. Entregádeo na biblicaixa ata o xoves 29 de abril.  No seguinte enlace poderedes informarvos sobre cousas interesantes sobre o autor. https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Neira_Vilas

Novo bibliinfórmate

Bibli, volve a convocarvos para outra aventura investigadora para comemorar o día da paz. Recolle a folla de participación, forma un grupo cos teus compañeiros e cando terminedes metédea na biblicaixa. Espero a vosa participación. Neste enlace podedes atopar a información que vos piden. http://educativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio//500/614/html/Unidad_02/pagina_13.html

Marabillosos encargados

Imagen

Proposta de Bibli para celebrar o Samaín.

Imagen
Como todos os anos, Bibli proponnos unha actividade para realizar con calma e voluntariamente nas casas con toda a familia. Este ano aos nenos de infantil e primeiro ciclo entrégalles  unha casa encantada e tedes que agochar detrás dela os monstros que queirades. Decorádea, recortade polos puntos e pegade unha folla por detrás onde peguedes os vosos monstros. Para os nenos de segundo e terceiro ciclo propón inventar unha historia sobre os monstros que viven nesta casa. Deixade voar a imaxinación e disfrutade en familia desta actividade.

Celebremos o Samaín.

Na páxina principal do cole tedes un apartado para coller ideas sobre a festa e a celebración do Samaín. Aquí tedes o acceso directo. Disfrutádeo. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/397

Inauguramos un novo curso

Imagen
O 1 de outubro Bibli abre as súas portas. Pasou previamente por todas as clases para avisarnos de que xa podemos visitala e descubrir moitas aventuras nos libros que ten gardados.  Pediunos que non a deixemos soiña nos recreos e que veñamos a facerlle visitas polas tardes, promete facernos pasar momentos moi divertidos e abrirmos os ollos para coñecer un mundo marabilloso.