Proposta de Bibli para celebrar o Samaín.

Como todos os anos, Bibli proponnos unha actividade para realizar con calma e voluntariamente nas casas con toda a familia.

Este ano aos nenos de infantil e primeiro ciclo entrégalles  unha casa encantada e tedes que agochar detrás dela os monstros que queirades. Decorádea, recortade polos puntos e pegade unha folla por detrás onde peguedes os vosos monstros.

Para os nenos de segundo e terceiro ciclo propón inventar unha historia sobre os monstros que viven nesta casa.

Deixade voar a imaxinación e disfrutade en familia desta actividade.


Comentarios

Entradas populares de este blog