Entradas

ACTUACIÓN DE XIANA DE SEGUNDO

Imagen
Hoxe Xiana tocounos o saxo. Explicounos as partes, montounos o instrumento e tocou tres partituras. É incrible a tranquilidade co que o fixo sabendo que é unha nena de sete anos. Parabéns Xiana, sigue así e chegarás a ser unha saxofonista  excepcional.

NOVA ACTUACIÓN NA BIBLIOTECA.

Imagen
Hoxe as alumnas de quinto prepararon un concerto de flauta travesera  e bombardino. Explicáronnos as partes que o forman e os anos que levan ensaiando e o moito que lles gusta a música.

PREPARÁNDONOS PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ

Imagen
O 30 de xaneiro celebraremos o día da paz no cole. Eiquí tedes os videos das cancións que cantaremos para que poidades ir practicando Pinchade nas imaxes para poder escoitar as cancións.

15 xaneiro xoves musical.

Imagen
Onte cantaron na nosa biblioteca os nenos de cuarto. Os profesores que estiveron presentes viñeron con bágoas nos ollos de emoción. Noroboa a mestra Ana por chegar coa música ao corazón e por suposto aos seus alumnos que tan ben o fixeron.

NADAL NA BIBLIOTECA.

Imagen
Hoxe imos celebrar o Nadal na Biblioteca, a terceira hora a profe Erica vainos contar o conto do apalpador en sesións de 15 minutos a todos os ciclos. Na hora do recreo o alumnado de 2º a 6º de primaria cantarán os cantos de reis con que amenizarán as clases na nosa biblioteca. O equipo de normalización fixo unha escolla de páxinas para traballar e informarnos sobre o Apalpador. E tivemos a grandísima sorte de ter con nós o apalpador para despedir o primeiro trimestre, Veu á nosa biblioteca e conounos  a súa historia cun kamisibai,os nosos rapaces quedaron encantados coa súa visita.

Xuntanza club de lectura de pais

Imagen
Hoxe reunímonos por segunda vez no club de lectura de pais, estivemos aprendendo a utilizar programas para descargar e compartir os libros electrónicos. Sorte que temos a Juanjo que nos deu un marabilloso cursiño que todos aproveitamos. Creamos unha conta de correo para subir e compartir libros o que estea interesado que nos pida os contrasinais.

Actuación dos nen@s de cinco anos

Imagen
Os nen@s da clase de cinco anos, cantáronnos onte dous contos. O auditorio quedou encantado como podedes ver.