NADAL NA BIBLIOTECA.

Hoxe imos celebrar o Nadal na Biblioteca, a terceira hora a profe Erica vainos contar o conto do apalpador en sesións de 15 minutos a todos os ciclos. Na hora do recreo o alumnado de 2º a 6º de primaria cantarán os cantos de reis con que amenizarán as clases na nosa biblioteca.

O equipo de normalización fixo unha escolla de páxinas para traballar e informarnos sobre o Apalpador.



 APALPADOR







E tivemos a grandísima sorte de ter con nós o apalpador para despedir o primeiro trimestre, Veu á nosa biblioteca e conounos  a súa historia cun kamisibai,os nosos rapaces quedaron encantados coa súa visita.

Comentarios

Entradas populares de este blog