Entradas

DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S

Imagen
O 20 de novembro celébrase os días dos dereitos dos nen@s neste enlace podes buscar ideas para celebralo. Busquemos que os nosos alumn@s saiban valorar e facer valer os seus dereitos. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/403 Este é o mural que fixeron os nenos de 5º de primaria en educación en valores.

PRIMEIRO XOVES MUSICAL.

Imagen
Coa chegada da profe Ana Domínguez Senlle, a nova profe de música, comenzamos unha nova actividade, os "xoves musicais". Os alumnos preparan a súa actuación e encarganse tamén de preparar o cartel para a súa publicidade. Onte actuaron Anxo Aldea tocando a trompa  e a auxiliar de conversa Dayna Cleland coa tuba. Foi unha gozada poder disfrutar todos xuntos da música. Temos moita lista de espera xa que no noso pobo hai moita actividade musical, uns alumnos van ó conservatorio outros pertencen a bandas de música e outros a grupos de baile e música popular. http://photopeach.com/album/7v1ob2

Comenzamos un novo club de lectura. CLUB DE PAIS!!!!!

Hoxe empezamos o  club de lectura de pais.  Pasamos unha tarde estupenda comentando os nosos libros favoritos. Acordamos que en principio non imos ler todos un mesmo libro, porque cada un de nós temos gustos diferentes e queremos disfrutar da lectura e namorarnos dos libros sin tempos nin obligacións. Valoramos positivamente este tempo de encontro ó redor dos libros, comentamos tamén de cine e dalgunha receita de cociña. Esperamos que ó longo do ano vaian incorporándose mais libroadictos.

QUERES SABER COUSAS DO SAMAÍN?

Imagen

V CERTAMEN SAMAÍN. QUÉ HAI BAIXO A CAMA?

Imagen
BIBLI, PROPONVOS UNHA NOVA ACTIVIDADE .  INFANTIL E PRIMEIRO CICLO TEDES QUE DECORAR A CAMA, PICAR A COLCHA E PEGAR POR DETRÁS OS POSIBLES MONSTRUOS QUE PODEN APARECER.  OS DE SEGUNDO E TERCEIRO CICLO FAREDES UNHA REDACCIÓN SOBRE O QUE PODE ESTAR PASANDO DEBAIXO DA CAMA. RECOLLE A FOLLA DE PARTICIPACIÓN NA BIBLIOTECA, LÉVAA PARA CASA E RECHEA COA TÚA IMAXINACIÓN. ENTREGA O TEU TRABALLO NA BIBLICAIXA ANTES DO 3 DE NOVEMBRO. OS QUE PARTICIPEDES LEVAREDES 1 BIBLIPUNTO!

COMENZO DUN NOVO CURSO

Comenzamos un novo curso con moita ilusión e novas ideas e inquedanzas. A apertura da biblioteca foi o 1 de outubro e estamos encantados da cantidade de nenos que disfrutan nela. O préstamo deste mes é moi alto, sobre todo porque estanse creando as bibliotecas de aula, pero encántanos ver que a biblioteca énchese todos os días nos recreos. Esta semana comenzamos os clubes de lectura cunha alta participación cada neno/a levou unha carpetiña con marcapáxinas, libreta, boli e o libro proposto. Os pais estanse apuntando para formar o primeiro club de lectura, comenzaremos a primeira xuntanza o primeiro mércores de novembro. Este ano traballaremos dende todos os cursos a educación para o lecer e tempo libre e dende a biblioteca temos un gran traballo.

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
BIBLI PROPONNOS UN ANO MAIS PARTICIPAR NA RESOLUCIÓN DUN BIBLIINFÓRMATE.. FORMA O TEU EQUIPO, RECOLLE O CADERNO NA ENTRADA, RECHEA AS CUESTIÓNS E MÉTEO NA BIBLICAIXA ANTES DO 30 DE MAIO. PODES ACEDER Á INFORMACIÓN PINCHANDO NO SEGUINTE ENLACE. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/372 EIQUÍ TEDES OS TRABALLOS REALIZADOS NO COLE http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/377