PRIMEIRO XOVES MUSICAL.

Coa chegada da profe Ana Domínguez Senlle, a nova profe de música, comenzamos unha nova actividade, os "xoves musicais".

Os alumnos preparan a súa actuación e encarganse tamén de preparar o cartel para a súa publicidade.

Onte actuaron Anxo Aldea tocando a trompa  e a auxiliar de conversa Dayna Cleland coa tuba.

Foi unha gozada poder disfrutar todos xuntos da música.

Temos moita lista de espera xa que no noso pobo hai moita actividade musical, uns alumnos van ó conservatorio outros pertencen a bandas de música e outros a grupos de baile e música popular.





Comentarios

Entradas populares de este blog