Entradas

NOVOS CADERNOS DE INVESTIGACIÓN.

Participade neste caderno de investigación sobre a PRIMEIRA SEMANA DA FROITA . Os nen@s de 5 anos, 1º e 2º cubriredes un caderno e os de 3º,4º,5º e 6º outro diferente. A información atoparédela nos enlaces e tamén no taboleiro da biblioteca. A data límite de entrega será o 2 de decembro. FORMADE UN BO EQUIPO E GAÑADE MOITOS BIBLIPUNTOS que cambiaredes por agasallos ao final de curso.                                          QUE O SABER VOS ACOMPAÑE

COMENZO DUN NOVO CURSO

Ola a todos: Comezamos un novo curso con moita ilusión, esperámosvos!. Que a vosa presencia e utilización sexa igual ou máis intensa ca do curso anterior.

ATA SEMPRE XOÁN FARIAS

Imagen
O 11 de xuño deixounos Xoán Farias, un grande da literatura infantil e xuvenil. Seguiremos camiñando e navegando polos teus libros. Grazas Xoán.

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Imagen
Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte : Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente  de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento qu...

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS NO COLEXIO

Imagen
Desde a biblioteca propómosvos o seguinte caderno de traballo; participade e poderedes gañar moitos biblipuntos. Caderno de traballo sobre os xogos populares e tradicionais celebrados o pasado luns no cole. Xogos populares 11 View more presentations Prena na imaxe para obter información

LETRAS GALEGAS 2011. LOIS PEREIRO

Imagen
Achégase o día das letras galegas; este ano dedicado ao poeta Lois Pereiro . Desde a biblioteca propómosvos o seguinte caderno de traballo; participade e poderedes gañar moitos biblipuntos. Caderno de traballo letras galegas Normas do concurso View more documents Para obter información prema na imaxe
Imagen
As series infantís de animación 'Caracois' e 'Os contos do camiño' comezan a emitirse en maio na tvG2. A partires do día 2 , os máis pequenos poderán ver as aventuras duns animaliños de xardín en "Caracois" en horario preeschool (de 7.30 a 8.00 horas) e de luns a venres. Tamén con esta periodicidade semanal comezará a súa emisión o día 16 " Os contos do Camiño", de 17 a 17.30 horas. En ambas series, OQO filmes adapta os álbums ilustrados da editorial ao formato audiovisual, a través da técnica de animación stop-motion. Deste xeito, os rapaces terán a oportunidade de volver gozar das historias de contos tan coñecidos como: "A bruxa regañadentes", "Corre corre, cabaciña", "Chocolata", "Ollobrusco", "Rato Tom e Rata Tomasa", "A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín"...