jueves, 28 de abril de 2011

As series infantís de animación 'Caracois' e 'Os contos do camiño' comezan a emitirse en maio na tvG2.


A partires do día 2 , os máis pequenos poderán ver as aventuras duns animaliños de xardín en "Caracois" en horario preeschool (de 7.30 a 8.00 horas) e de luns a venres.
Tamén con esta periodicidade semanal comezará a súa emisión o día 16 "Os contos do Camiño", de 17 a 17.30 horas.





En ambas series, OQO filmes adapta os álbums ilustrados da editorial ao formato audiovisual, a través da técnica de animación stop-motion.

Deste xeito, os rapaces terán a oportunidade de volver gozar das historias de contos tan coñecidos como: "A bruxa regañadentes", "Corre corre, cabaciña", "Chocolata", "Ollobrusco", "Rato Tom e Rata Tomasa", "A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín"...

No hay comentarios:

Publicar un comentario