Entradas

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS NO COLEXIO

Imagen
Desde a biblioteca propómosvos o seguinte caderno de traballo; participade e poderedes gañar moitos biblipuntos. Caderno de traballo sobre os xogos populares e tradicionais celebrados o pasado luns no cole. Xogos populares 11 View more presentations Prena na imaxe para obter información

LETRAS GALEGAS 2011. LOIS PEREIRO

Imagen
Achégase o día das letras galegas; este ano dedicado ao poeta Lois Pereiro . Desde a biblioteca propómosvos o seguinte caderno de traballo; participade e poderedes gañar moitos biblipuntos. Caderno de traballo letras galegas Normas do concurso View more documents Para obter información prema na imaxe
Imagen
As series infantís de animación 'Caracois' e 'Os contos do camiño' comezan a emitirse en maio na tvG2. A partires do día 2 , os máis pequenos poderán ver as aventuras duns animaliños de xardín en "Caracois" en horario preeschool (de 7.30 a 8.00 horas) e de luns a venres. Tamén con esta periodicidade semanal comezará a súa emisión o día 16 " Os contos do Camiño", de 17 a 17.30 horas. En ambas series, OQO filmes adapta os álbums ilustrados da editorial ao formato audiovisual, a través da técnica de animación stop-motion. Deste xeito, os rapaces terán a oportunidade de volver gozar das historias de contos tan coñecidos como: "A bruxa regañadentes", "Corre corre, cabaciña", "Chocolata", "Ollobrusco", "Rato Tom e Rata Tomasa", "A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín"...

ANA MARÍA MATUTE. PREMIO CERVANTES

Imagen
Ana María Matute Ausejo (Barcelona, 26 de xullo de 1925), novelista española, membro da Real Academia Española, onde ocupa o asento K e a terceira muller que recibe o Premio Cervantes, obtido en 2010. Foi profesora convidada nas universidades de Oklahoma, Indiana e Virginia. Matute é unha das voces máis persoais da literatura española do século XX e é considerada por moitos como unha das mellores novelistas da posguerra española. ”Escribir es siempre protestar, aunque sea de uno mismo”. Ana María Matute Para obter máis  información prema na imaxe Lecturas. Por Ana María Matute Ana María Matute escolleu seis contos breves do seu libro "Os nenos parvos", publicado orixinalmente en 1956 e que recompila vinte e un retratos de infancia. Como acostuma dicir a súa autora, estas páxinas non compoñen un libro para nenos senón sobre nenos.  Este volume reeditouse no ano 2000 acompañado polas ilustracións de Javier Olivares. Para escoitar estes relatos lidos por Ana ...

LECTURAS DAS NOSAS POESÍAS

Imagen
Bibli convocounos para crear e ler as nosas poesías. Aquí tedes o resultado.

DÍA DA PAZ

Imagen
Recompilatorio de recursos para traballar o Día da Paz; elaborado polo equipo de biblioteca do CEIP Víctor Saenz (Mazaricos).

I. CERTAMEN SAMAÍN 2010

Imagen
QUE MEDO ME DA!! Desde a biblioteca imos celebrar a festa do SAMAÍN , que medo!, nada diso, a nós encántannos as meigas, os monstros, as cabazas... Por iso propómosvos que os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo fagades uns debuxos terroríficos e que os rapaces e rapazas do 2º e 3º ciclo escribades uns relatos de medo que se lerán a semana próxima nos recreos. Mirade a Bibli. Que medo!!!