Entradas

As nosas lecturas con Bibli

POESÍAS CON BIBLI

Imagen
Aquí tedes fotos das lecturas de poemas cos rapaces que quixeron ler. Apuntáronse moit@s nen@s pero foi incríble a cantidade deles que acudiron como audiencia. Cada participante recibiu un diploma en agradecemento pola súa participación . Comentario dunha nena de 3 anos a súa titora. ¡QUE CONTOS MAIS BONITOS LEÍAN OS MAIORES NA BIBLIOTECA, PROFE!

VIDEO

Imagen

MARZO, MES DA POESIA

........................................................................................................................................ Bibli toleou, sabe que a primavera chegou e o cole quere decorar con debuxos para o ambiente animar. Celebrándose no mes de marzo a poesía na biblioteca Bibli pediunos unha tarefa: unha poesía dentro dun elemento da natureza. Cada clase estivo pensa que pensa, agora que facemos, con qué rima ésta. Ao final Bibli tiña razón somos todas e todos uns campións, menudas poesías quedaron sen falar da decoración. Os pais ben poden estar orgullosos teñen na casa uns grandes filósofos pero non quero ser eu quen o diga botádelle un ollo , sen prisa. .......................................................................................................................................................................... ......................................................................................................................................................

"I CERTAMEN DE POESÍA"

Imagen
Da comezo un novo mes, sendo marzo un mes especial para eses libros cantaríns nos que sonan fermosas palabras, contando e cantando historias. O recuncho está ambientado para a ocasión e a biblioteca ten un cheiro especial; cheiro a POESÍAS. ¿Non sabes que cheiro teñen as poesías? Pois anímate e ven a biblioteca os martes 9, 16 e 23 e disfruta coas lecturas de poesías que faremos. Se che apetece podes anótarte no taboleiro do recuncho, pon o teu nome e o título da poesía que queres ler. !ESPERÁMOSVOS¡

PREMIOS Á AMIZADE

Tivo lugar na biblioteca a entrega de premios ás cartas de amizade que escribiron os nosos rapac@s. Moitas eran para amigos pero alguén escribiulle á súa mamá ou á súa profe. O importante e valorar o sentimento que xurde entre dúas persoas. O mellor de todo foron esas doces piruletas de corazón que os participantes recibiron e a caixiña de bombóns para os 5 gañadores do concurso. !NORABOA A TODOS¡

CARTA DE AMIZADE

Imagen
Bibli proponvos un concurso de Cartas de Amizade para este mes de febreiro. A biblioteca está ambientada e as bases do concurso colgadas no taboleiro así que ponte máns a obra e escribe unha bonita carta para a persoa que merece a túa amizade. Recibirás un agradable agasallo por participar.