sábado, 6 de marzo de 2010

"I CERTAMEN DE POESÍA"


Da comezo un novo mes, sendo marzo un mes especial para eses libros cantaríns nos que sonan fermosas palabras, contando e cantando historias.
O recuncho está ambientado para a ocasión e a biblioteca ten un cheiro especial; cheiro a POESÍAS.

¿Non sabes que cheiro teñen as poesías? Pois anímate e ven a biblioteca os martes 9, 16 e 23 e disfruta coas lecturas de poesías que faremos. Se che apetece podes anótarte no taboleiro do recuncho, pon o teu nome e o título da poesía que queres ler.

!ESPERÁMOSVOS¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario