Entradas

VISITA OLGA CUERVO

Imagen
Hoxe visitounos Olga Cuervo a contarnos varios contos. Os nenos estiveron totalmente entregados, podedes velo nas imaxes. Moitas gracias Olga, esperámoste cos brazos abertos sempre na nosa biblioteca

HOXE CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS

Hoxa, na hora de ler, celebramos a festa dos maios todo o colexio gracias á colaboración dos pais da ANPA. Os nenos trouxeron as flores de casa e as familias onte reuníronse onte para montalo. Cada clase recitou ou cantou a súa copla ó redor do Maio.

PROXECTO AVESPA VELUTINA

Imagen
Na zona do Baixo Miño temos a problemática da invasión da vespa Velutina. Imos intentar concienciar ó noso alumnado da importancia de controlar mediante trampas a esta especie invasora. Hoxe repartimos os trípticos da Xunta de Galicia para crear conciencia nas casas. Creamos un espacio de información e faremos talleres nos que a partir de obxectos de refugallo  fabricaremos trampas para que  os nenos as repartan por todo o concello.

23 ABRIL, DÍA DO LIBRO.

Imagen
Para celebrar o día do libro, hoxe no colexio fixemos un intercambio de libros. Os nenos que quixeron participar trouxeron un libro da casa e na hora de ler poideron cambialo por outro. Ó chegar o intercambio,  algún percatouse  que o traer  un libro para nenos mais pequenos , non había libros adecuados para os compañeiros do seu ciclo é un erro que aprendemos para a próxima.

Mulleres nos libros

Imagen
O 8 de marzo celébrase o día da muller. Bibli amósanos libros nos que as mulleres son as protagonistas. Moito traballo temos aínda por diante para conseguir a igualdade entre as persoas. Na Radio Arrabal pregúntannos por qué se celebra precisamente este día.

Marzo mes da poesía

Imagen
Comenzamos o mes de marzo e Bibli recíbenos cunha escolma de libros de poesía. Acercádevos ó marabilloso mundo dos poemas.

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Imagen
Hoxe veu Paco Nogueiras a contarnos e cantarnos contos da Editorial Kalandraka. Como podedes ver pasámolo xenial. Ó entrar no cole atopámonos cun cartel que anunciaba a súa chegada. Contounos varios contos,  e como vedes estivemos moi atentos. Moitas gracias Paco, tes as portas sempre abertas para voltar ó noso cole.