Entradas

Mulleres nos libros

Imagen
O 8 de marzo celébrase o día da muller. Bibli amósanos libros nos que as mulleres son as protagonistas. Moito traballo temos aínda por diante para conseguir a igualdade entre as persoas. Na Radio Arrabal pregúntannos por qué se celebra precisamente este día.

Marzo mes da poesía

Imagen
Comenzamos o mes de marzo e Bibli recíbenos cunha escolma de libros de poesía. Acercádevos ó marabilloso mundo dos poemas.

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Imagen
Hoxe veu Paco Nogueiras a contarnos e cantarnos contos da Editorial Kalandraka. Como podedes ver pasámolo xenial. Ó entrar no cole atopámonos cun cartel que anunciaba a súa chegada. Contounos varios contos,  e como vedes estivemos moi atentos. Moitas gracias Paco, tes as portas sempre abertas para voltar ó noso cole.

INVESTIGANDO NA BIBLIOTECA

Imagen
Hoxe os nenos de terceiro viñeron a investigar á biblioteca. Tiñan este guión para empezar as pesquisas. Temos que recoñecer que non había silencio, pero non era necesario porque podedes ver a verdadeira CONCENTRACIÓN coa que fixeron este marabilloso  traballo en equipo. ÓNDE ESTÁ O ÍNDICE? SABES ÓNDE PODO BUSCAR CÓMO SE FORMAN OS PEIXES? TOMA, TOMA QUE VEN NESTE LIBRO...

Chegou a maleta do CEFORE de teatro.

Imagen
Este mes de xaneiro recibimos unha maleta moi especial. Abrímola e atopamos moitísimos libros de teatro para poder ler e representar na nosa biblioteca. Bibli avisounos para que profes alumnado  pasemos un ratiño ollando os libros e a ver se alguén engancha e sorpréndenos cunha representación teatral.

Pide un desexo

Antes do Nadal, puxemos unha caixa grande na entrada da biblioteca acompañada dun libro "PIDE UN DESEO"  Cada neno pasou e libremente escribiu na caixa o seu bo desexo de Nadal. Esa caixa formou parte da decoración do escenario da función de Nadal.

RADIO ARRABAL!!!

Imagen
Este ano comenzamos unha nova actividade de radio. O profe Elías titor de quinto e mestre de música dirixe un marabilloso equipo radiofónico.  Os nosos alumnos están totalmente implicados na búsqueda de novas para comunicar o noso mundo próximo. Deixovos o enlace para que poidades disfrutar tanto coma nós destos pequenos xornalistas radiofónicos. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/561