Entradas

INVESTIGANDO NA BIBLIOTECA

Imagen
Hoxe os nenos de terceiro viñeron a investigar á biblioteca. Tiñan este guión para empezar as pesquisas. Temos que recoñecer que non había silencio, pero non era necesario porque podedes ver a verdadeira CONCENTRACIÓN coa que fixeron este marabilloso  traballo en equipo. ÓNDE ESTÁ O ÍNDICE? SABES ÓNDE PODO BUSCAR CÓMO SE FORMAN OS PEIXES? TOMA, TOMA QUE VEN NESTE LIBRO...

Chegou a maleta do CEFORE de teatro.

Imagen
Este mes de xaneiro recibimos unha maleta moi especial. Abrímola e atopamos moitísimos libros de teatro para poder ler e representar na nosa biblioteca. Bibli avisounos para que profes alumnado  pasemos un ratiño ollando os libros e a ver se alguén engancha e sorpréndenos cunha representación teatral.

Pide un desexo

Antes do Nadal, puxemos unha caixa grande na entrada da biblioteca acompañada dun libro "PIDE UN DESEO"  Cada neno pasou e libremente escribiu na caixa o seu bo desexo de Nadal. Esa caixa formou parte da decoración do escenario da función de Nadal.

RADIO ARRABAL!!!

Imagen
Este ano comenzamos unha nova actividade de radio. O profe Elías titor de quinto e mestre de música dirixe un marabilloso equipo radiofónico.  Os nosos alumnos están totalmente implicados na búsqueda de novas para comunicar o noso mundo próximo. Deixovos o enlace para que poidades disfrutar tanto coma nós destos pequenos xornalistas radiofónicos. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/561

Os sacapenas

Imagen
Con todos os sacapenas recibidos das diferentes clases fixemos unha recompilación nunha manta de feltro que decora a corcheira da biblioteca. Os medos quedaron nun cuaderniño que incluiremos no andei dos nosos libros.

SAMAÍN A PARTIRES DUN LIBRO DA BIBLIOTECA.

Imagen
Os nenos de quinto curso, empezaron a ler un libro de lectura colectiva "Los calcetines del hombre invisible" Este libro deulles a idea de organizar para o día de celebración do Samaín un museo dos pequenos horrores. Eles elaboraron o guión e buscaron as estratexias para levolo a cabo. Cremos que o resultado además de terrorífico foi espectacular como podedes comprobar.

26 OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

Imagen
Para celebrar o día da biblioteca, Bibli entregou os carnéts ós nenos de 3 anos. Invitounos a empezar a empregar a biblioteca e lemos as normas de uso.  Tamén entregamos os distintivos de axudantes as novas  incorporacións o noso equipo. Durante os días previos aprendimos a facer a entrega e devolución dos libros no MEIGA e tamén a cómo colocar os libros nos andeis.