Entradas

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Mañá xoves 1 de outubro inauguraremos a biblioteca escolar. Bibli agárdavos con ilusión. Participade en todas as actividades pero sobre todo  " DISFRUTADE DA LECTURA"

Concerto de Brais Oliveira e Mauro

Outro xoves máis, seguimos disfrutando cos nosos artistas. 

Empezamos os venres e martes lectores con quinto.

Os nenos de quinto de primaria, fixeron narracións na súa clase e estaban tan gabosos delas que quixeron que todos poidesemos escoitar os seus relatos. Non foi doado, primeiro fixeron grupos, pensaron a historia, discutiron e chegaron a acordos. Esforzáronse por presentalas o mellor posible e ensaiaron a entonación adecuada. Buscaron unha música apropiada e eiquí tedes o resultado.

Concerto de nenos de quinto e catro anos 28-5-15

Hoxe tivemos doble concerto primeiro cantaron os nenos de quinto acompañados de instrumentos Despois os nenos de catro anos cantaron e bailaron dúas cancións

Os de cuarto voltan a ser protagonistas xoves 21-5-15

Menuda clase tan musiqueira, a estes nenos encántalles cantar e bailar e mirade cómo o demostran, Gracias chicos por participar tanto. Gracias Ana por animalos sempre.

A festa dos maios.

Imagen
Este ano promovido polo EDLG fixemos as festa dos maios. Recollimos información sobre a festa en libros e na web para así  prepararmos  para celebrala no cole. Vivenciamos nunha xornada escolar o traballo cooperativo necesario para levar a cabo un proxecto no que é realmete necesario a comunidade. Un pouco de esforzo de cada un é necesario para poder facer un maio tan grande e tan fermoso coma o noso. Cada titoría preparou as súas coplas e o baile practicáronno na clase de música. Unha experiencia única na que poidemos disfrutar do traballo e ver que os esforzo común é moi valioso e necesario, un xeito de vivenciar a cultura popular e a importancia da comunidade nos pobos galegos. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/440

Día das letras galegas

Imagen
Hoxe celebramos no cole o día das letras galegas. Todos os cursos tiñan a súa disposición os diferentes materiais que o equipo de TICS e  EDLG  subiron á páxina web do cole para poder traballar nas aulas. Na hora de ler, reunímonos no salón de actos para compartir o aprendido cos outros cursos. Neste enlace tedes o vídeo da celebración http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/439