Entradas

CONCERTO DE FRAUTA TRAVESERA

Hoxe Paula e Nerea de quinto, tocaron para nós un superconcerto de frauta travesera. Mirade qué artistas.

3º CUADERNO

DÍA DO LIBRO.

Imagen
Hoxe celebramos o día do libro,  da mellor forma posible LENDO. Fixemos outra vez o apadriñamento lector e as lecturas en común.  Os padriños e afillados previamente escolleron libros axeitados. Na hora de ler os maiores recolleron ós seus afillados nas clases e baixamos a ler no campo de fútbol, Tivemos moita sorte co tempo que nos acompañou para celebrar esta data por todo o alto. ´pincha na imaxe para ver o video. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/436 A última hora, bibli, regalounos un libro  a cada un.

XOVES MUSICAIS GAITEIRAS DE 5º

Imagen
Hoxe tivemos un novo concerto musical, as gaiteiras de quinto tocaron dúas pezas e algunhas compañeiras non poideron resistirse a acompañalas cos seus cánticos. Despóis ensináronnos as partes das gaitas e explicáronnos o tempo que levan tocando e o que lles gusta tocar.

MÉRCORES MATEMÁTICOS

Hoxe comenzamos con outra actividade na nosa biblioteca, os mércores matemáticos. Os alumnos de primeiro, segundo e terceiro curso, podedes vir e responder as preguntas,  acertixos ou xogos matemáticos que atoparedes. Bibli premiará con biblipuntos a vosa participación

SEGUNDO CADERNO DOS LUNS MATEMÁTICOS

Imagen

Xoves musical minibanda

Hoxe amenizáronnos unha pequena mostra da minibanda. Deixámosvos os vídeos para que disfrutedes tanto coma nós.