Entradas

17 DE MAIO "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Imagen
Imos traballar noutro novo caderno de investigación, este  está  adicado a Roberto Vidal Bolaño; escritor, actor e autor teatral galego; homenaxeado este ano  no Día das Letras Galegas . Para buscar información prema no enlace da nosa páxina Web. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/ Tamén atoparás información se premas na imaxe.

MARZO / MULLER TRABALLADORA

Imagen
Este mes de marzo, adicado á muller traballadora , imos ofrecervos outro novo caderno de investigación para que consigades máis biblipuntos ademáis de investigar e aprender sobre esta celebración e as mulleres que eleximos traballar. ¡¡¡Ánimo e a participar!!!

DÍA DA PAZ

Imagen
Onte celebramos no cole o "DÍA DA PAZ" e para poñer o noso grano de area e para que consigades máis BIBLIPUNTOS propoñévosmos outro caderno de investigación. As normas para participar son as mesmas e as tedes no taboleiro da entrada coas datas e cadernos. Animádevos e a investgar. Prema no nome para coñecer máis destas persoas Barack Obama                                                   Nelson Mandela Leymah Gbowee Wangari Maathai                                                                                                     Al Gore         ...

HOMENAXE

As nenas e os nenos do 2º e 3º ciclo recordan a vida e obra de Celso Emilio Ferreiro

DEREITOS DENDE A BIBLIOTECA

Imagen
Hoxe, no salón de actos, xuntámonos para conmemorar o "Día dos Dereitos dos nenos e das nenas". Cada aula traballou un dereito e presentou o seu traballo ao resto dos compañeiros e compañeiras do cole. Dende a biblioteca presentamos un novo caderno de investigación sobre esta data para que vos xuntedes e resolvades as diferentes actividades propostas para conseguir "biblipuntos". Tedes de plazo ata o vindeiro día 30 e seguide participando ca mesma ilusión. QUE TODOS OS DEREITOS SE RESPETEN HOXE E SEMPRE.   Para buscar información prema nas imaxes  

O regreso de Bibli

A biblioteca xa está en marcha. O novo equipo está deseñando novas propostas para a súa dinamización.  Bibli, a nosa mascota, regresou o venres da súa viaxe, contounos o seu percorrido por as distintas bibliotecas escolares e trae propostas moi, pero que moi interesantes! Bibli visita as aulas e reparte agasallos. 

LETRAS GALEGAS 2012 VALENTÍN PAZ ANDRADE

Imagen
Este ano adicamos o día das letras galegas a Valentín Paz Andrade. Bibli propón un novo caderno de investigación para infantil e primeiro ciclo e outro para segundo e terceiro ciclo. Como sempre, formade un equipo e recollede os cadernos na biblioteca. Podedes investigar nos carteis que están na entrada do colexio ou no seguinte enlace pinchando na imaxe. Tedes ata o vindeiro 1 de xuño para deixar as vosas respostas na caixa da biblioteca CANXEAREMOS TODOS OS BIBLIPUNTOS NO MERCADILLO DO 15 DE XUÑO.