Hoxe tivemos a gran sorte de contar outra vez no cole cos contos contados por Raquel Queizás. Tivemos dúas sesións, unah cos nenos de primeiro ciclo e logo os nenos de infantil. Viaxamos no autobús da selva con ela e tamén deixámonos tragar por unha mesa. Algún pasouno de medo co conto de cocorico. Como podedes ver nas fotos non deixou a ninguén indiferente. ( Pincha na imaxe) http://photopeach.com/album/14lil6e Raquel tes as portas da nosa biblioteca abertas para cando queiras ou poidas voltar. Os nenos de Oia xa te botamos de menos. Gracias por compartir a túa arte con nós.